martes, 15 de mayo de 2012
pracTICa 10: Traballo con textos no Inkscape
Nesta ocasión teredes que experimentar coas posibilidades do Inkscape á hora de utilizar textos.
Teredes que crear CINCO ou máis deseños no que o texto teña a máxima importancia.
Os elementos cos que podedes xogar son algúns como:
A tipografía,a cor, sombras, reflexións, aspecto do que se representa, textos en traxectos, caligramas, adicións e sustraccións, manipulación de nodos, etc...
miércoles, 9 de mayo de 2012
O Xogo da Semana: TNT Zombies
A cidade atópase invadida por ZOMBIES maléficos dispostos a paparse o teu cerebro.
Dinamite Man vai a poñer remedio a golpe de cartuchos de TNT.
Úsaos para enviar ós zombies contra os pinchos, os contenedores de ácido radiactivo, ou os terríbles bichos azuis redondos.

TNT ZOMBIE (e non falo de Jordi González)
viernes, 4 de mayo de 2012
O xogo da semana: Cat around the World
Ola amig@s.
Imos a templar os nervios e afinar o intelecto, pois e a hora de enfrontarse novamente... ¡Ó XOGO DA SEMANA!!!!!!
Nesta ocasión trátase de:
No xogo asumiremos o papel de Cat o Gato. Este micho ten sempre fame, e a nosa misión será levalo polo mundo adiante largándolle a comida necesaria para que teña forzas para cambiar ó seguinte nivel.
Recolle as estrelas para puntuar máis.
¿Poderás darlle toda a comida que merece?
jueves, 3 de mayo de 2012
miércoles, 2 de mayo de 2012
PracTICa 9: Deseño dun cartel en Inkscape.
Boas.
Unha vez que coñecemos o máis básico do Inkscape, imos a comezar un proxecto real.
Nesta ocasión teremos que realizar un cartel para a "Festa de San Xoán" deste ano.
Primeiro pensaremos o público obxectivo do cartel, e actuaremos en consecuencia, non é o mesmo unha festa orientada á xuventude que unha festa para os xubilados. Tamén hai a posibilidade de facer unha festa para todas as edades, claro.
Tamén hai que poñer a data, en que consistirá a festa (saridñada, toca unha orquestra, etc...), o lugar e todos os datos relevantes.
A idea é facer un cartel que transmita ben a información, que resulte atractivo e que combine imaxes vectoriais e texto.
Podedes usar degradados e todos os efectos que consideredes.
Enviaredes o arquivo SVG por correo electrónico á miña conta de gmail, e publicaredes o cartel en formato PNG no voso Blog nunha entrada co mesmo nome que esta.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)