miércoles, 26 de octubre de 2011

PracTICa 02: ¿Que uso lle dades ó ordenador?

Isto é un ordenador.

Segundo a definición trátase dunha máquina dixital e electrónica capaz de procesar información seguindo instruccións almacenadas en programas .

Esa definición tan fría faille pouco favor a este trebello que tanto usamos na nosa vida moderna, dende o uso personal ó uso máis social e global.

Nesta ocasión o traballo que vos pido é unha análise do uso que facedes no cotiá dos ordenadores. Cando chegas a casa, se tiveses todo o tempo do mundo. ¿Que uso fas do ordenador? ¿Úsalo para conectarte a redes sociais a través de internet? ¿Para redactar traballos ou buscar información? ¿Ver e ordenar as fotos? ¿Xogar? ¿Deseño? ¿Ve-lo periódico, escoitar música o ver unha película ou videos en streaming? ¿Descargar contidos?




Hai tantas e tantas cousas que se poden facer cun ordneador hoxe en día,... describe os usos que lle das, as razóns que te levan a facelo e as ventaxas e inconvintes que lle ves ó asunto.

Fala tamén da túa primeira experiencia cun ordenador, mesmo se lembras o primeiro ordenador que tiveches, si es que tes algún.
E describe tamén o que te gustaría aprender a facer cun ordenador, ou as posibilidades de futuro que lle ves.




Lembra coidar a redacción do teu traballo e darlle unha coherencia e extensión adecuada para ser un traballo dun nivel como primeiro de bacharelato.

Valoraranse as reflexións maduras e ben levadas, a corrección gramatical e o contexto xeral do escrito.

Publicaredes este texto, dunha extensión media, no voso blog, baixo o nome que ten esta mesma entrada. Lembrade elaborar un texto ó nivel que se se espera de vos coma alumnos de bachallerelato, cunha certa seriedade e corrección.


Ademáis, publicaredes este texto en forma de documento de google docs e o compartiredes cos compañeiros da clase e co profesor, de xeito que poidan ler, pero non editar.








martes, 25 de octubre de 2011

O Xogo da Semana: All rabbits must die

Nesta ocasión imos a empregar un pouco de malevolente violencia gratuíta.

Lembrade que se trata dun xogo e que no mundo real a violencia contra os animáis é algo feo e de cobardes.

Na historia, teremos que desfacernos duns malvados coellos que pretenden comer todas as zanahorias do planeta.

Para elo lanzaremos uns pequenos monstruítos pulsando neles, establecendo o vector de forza e dirección, e volvendo a pulsar para lanzalos.

Cantos menos coellos usemos máis puntos gañaremos.

A ver quen consigue a máxima puntuación, e lembrade.

martes, 18 de octubre de 2011

Buscadores na Internet


Buscadores

Para buscar e atopar en Internet normalmente só se necesita un buscador. 
O máis utilizado con diferenza é Google. Pero non só existe este buscador, temos outras opcións como Yahoo, Altavista, Hispavista, Lycos, Ask ou Bing e outros buscadores especializados. Debemos coñecelos así como as diferentes opcións de busca que nos proporcionan.

Sistemas de busca. Os buscadores dispoñen de dous sistemas de busca de información, mediante o emprego de palabras claves ou buscando nun directorio por temas.
A primeira opción de busca consiste en escribir unha ou varias palabras e pulsar Intro ou o botón de busca. Este é o sistema de procura máis directo, especialmente cando buscamos algo moi concreto. Case todo Internet está en Google. É cuestión de atopar as palabras axeitadas.

En ocasións é preciso efectuar varias probas con distintas combinacións de palabras. Podemos realizar unha busca escribindo unha palabra relacionada coa información que buscamos. Debemos escribir unha palabra especialmente relevante. Outra opción é marcar Buscar só páxinas en español, así limitamos a opción de busca entre as páxinas en idioma castelán. A páxina cos resultados móstranos as primeiras opcións. Se non atopamos a páxina que buscamos entre as primeiras que aparecen pulsamos sobre Seguinte.

Buscar con varias palabras.A procura cunha soa palabra adoita dar como resultado moitos miles de posibles páxinas. Para concretar máis a procura adóitanse utilizar varias palabras. A maior parte das buscas que realizamos son empregando varias palabras á vez. Para atopar algo concreto o mellor é escribir varias palabras ben relacionadas coa información que desexamos. Por exemplo, se estamos interesado na cría do camarón escribimos na caixa do buscador cría camarón Se non atopamos entre as primeiras páxinas a dirección que buscamos o mellor é restar palabras de busca para atopar menos páxinas pero máis relacionadas co tema que nos interesa.

Delimitar a busca.Colocando o signo "-" diante dunha palabra eliminamos da procura esa palabra. Deste xeito na lista non aparecen as páxinas que inclúen a palabra que engadimos co signo menos. Para eliminar as páxinas de flamenco que fan referencia ao cantante de flamenco chamado Camarón poñemos -flamenco. Este buscador clasifica as páxinas por importancia. Tamén presenta primeiro as páxinas onde as palabras aparecen xuntas ou máis perto.

Obtemos os mesmos resultados escribindo todo en minúsculas que se poñemos maiúsculas.
O buscador tamén adoita ignorar os termos superfluos como http. .com e certas expresións que non axudan a definir a busca. O buscador ignora as palabras que por ser demasiado numerosas (o, a, de, el, la…) non melloran a busca. Aínda que en ocasións interesa atopar unha frase completa. 
Para buscar exactamente unha frase ou o nome dunha persoa poñemos aspas (“”). Por exemplo "miguel de cervantes" . Deste xeito só aparecen páxinas onde estas palabras aparecen xuntas. Tamén é útil para a procura de ditos ou refráns populares.

Traducir as páxinas que atopamos en outros idiomas.
Podemos buscar información en toda a Rede, de forma que atopamos páxinas que nos interesan en varios idiomas. Google dispón dun programa tradutor automático.
A tradución non é tan boa como a que realiza unha persoa que coñeza o idioma pero pode servirnos para entender o documento.

Busca avanzada. 

Dende a primeira páxina dos buscadores podemos acceder ao formulario para Busca Avanzada. Pulsamos sobre o enlace que se atopa xunto a caixa de busca. Aparécenos un formulario de busca avanzada. Podemos seleccionar as palabras que teñen que aparecer sempre nos documentos escribíndoas na caixa de todas. Se queremos buscar unha persoa, unha frase, un refrán, escribímolo no recadro da frase exacta. Se buscamos páxinas nas que apareza indistintamente unha palabra ou outra, escribímola con algunha das palabras. Para excluír certas palabras da procura escribímola sen as palabras. Por exemplo se queremos atopar información sobre pintura pero desexamos excluir os impresionistas escribimos impresionistas na caixa de sen as palabras. Podemos seleccionar o tipo ou formato de documento. Por exemplo se só desexamos documentos en PDF que son fáciles de imprimir seleccionamos Adobe Acrobat PDF.
A procura de imaxes tamén conta cunha opción de busca avanzada.
Outra opción de busca en Internet é utilizar un buscador especializado no tema que nos interesa.

viernes, 14 de octubre de 2011

O Xogo da Semana: Castle Destroyer

Unha nova semana máis imos dispoñer dun tempo de ocio para agudizar as neuronas, que falta nos fai.
Neste caso, trátase dun xogo dos que se chaman de "deconstrucción", no que trazaremos co cursor unha línea que pode cortar os bloques presentes en cada nivel, de xeito que consigamos que a construcción se derrumbe por debaixo da líña horizontal marcada.

Dependendo do nivel poderemos utilizar un corte ou máis.

A ver quen e quen de completalo ¡Eu xa o fixen!

Veña, a darlle ó Castle Destroyer


martes, 11 de octubre de 2011

pracTICa 01: Google Maps, Mapas e Lugares (Exemplo)


Ver mapa más grande


Ver mapa más grande


Ver mapa más grande


Ver mapa más grande

Curiosidades en torno ó Google Maps

Os mapas xeolocalizados de Google teñen miga.


Observa estas ligazóns relacionadas e observa a cantidade de contidos que existen ó redor a estas fabulosas aplicacións.


As fotos máis divertidas no Google Street View 
























GOOGLE EARTH


A este marabilloso programa se lle poden atopar máis funcionalidades das imaxinables.


Aquí hai un Blog que comenta as aplicacións desta ferramenta de vista aérea.


Este Blog está especializado en viaxes usando Google Earth. Nel poderemos encontrar arquivos KML para incorporar ós nosos Goglle Earth e poder ver as traxectorias dos avións comerciais en tempo real (atrasos incluidos), ou como marcar as rutas que facemos nun mapa, por exemplo.



Blogs con contidos educativos relacionados, dende xeografía a astronomía.


Este Blog comenta curiosidades e innovacións destas ferramentas.


Pilota un F1 en Google Earth.


Un curioso vídeo no que se amosa unha especie de película usando o Google Earth e os modelos creados con Gooogle SketchUp.




Visualizar o mapa ampliado

pracTICa 01: Google Maps, Mapas e Lugares

Deberás enlazar e publicar no teu blog os seguintes recursos extraídos de Google Maps.

1- Un mapa coa posición da túa casa. Se queres manter ese dato na intimidade, usa a cambio o Concello, que ó fin e o cabo se lle chama "A casa do Pobo". O nivel de aproximación debe de ser suficiente como para poder guiarse polas rúas. Se presentará unha versión en mapa de satélite e outra en callexeiro.

2- Amosa unha ruta que sigas a cotío. Pode ser o percorrido do bus ó vir ó insti, ou a ronda de bares que facedes os teus colegas e ti os sábados, ata o percorrido para ir dende casa á vosa praia favorita no verán. O importante é facer un percorrido máis ou menos local, e amosalo no voso blog.

3- Unha vista co motor "street view" dun monumento ou lugar famoso e reconocible.

4- A ruta dende o Concello de Boiro (ou outro lugar relacionado convosco) ata o destino internacional que sempre quixéchedes visitar. Dende as praias do caribe ós llanuras heladas de Siberia, pasando polas ruínas de Petra, Exipto ou Xerusalem... ou a exhuberancia urbana de New York ou Shangai. Escollede vos e mirade os datos relacionados.