martes, 11 de octubre de 2011

pracTICa 01: Google Maps, Mapas e Lugares

Deberás enlazar e publicar no teu blog os seguintes recursos extraídos de Google Maps.

1- Un mapa coa posición da túa casa. Se queres manter ese dato na intimidade, usa a cambio o Concello, que ó fin e o cabo se lle chama "A casa do Pobo". O nivel de aproximación debe de ser suficiente como para poder guiarse polas rúas. Se presentará unha versión en mapa de satélite e outra en callexeiro.

2- Amosa unha ruta que sigas a cotío. Pode ser o percorrido do bus ó vir ó insti, ou a ronda de bares que facedes os teus colegas e ti os sábados, ata o percorrido para ir dende casa á vosa praia favorita no verán. O importante é facer un percorrido máis ou menos local, e amosalo no voso blog.

3- Unha vista co motor "street view" dun monumento ou lugar famoso e reconocible.

4- A ruta dende o Concello de Boiro (ou outro lugar relacionado convosco) ata o destino internacional que sempre quixéchedes visitar. Dende as praias do caribe ós llanuras heladas de Siberia, pasando polas ruínas de Petra, Exipto ou Xerusalem... ou a exhuberancia urbana de New York ou Shangai. Escollede vos e mirade os datos relacionados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario