martes, 29 de noviembre de 2011

pracTICa 4: Traballo sobre os videoxogos

Unha vez visto o vídeo sobre os perigos dos videoxogos e as novas vías económicas que abren, e tendo en conta que o sector dos videoxogos agora mesmo supera a outro xigante do ocio e o entretemento coma é co cine, fai un breve traballo no que:

  • Des a túa opinión sobre o visto no vídeo.
  • Des a tú opinión sobre o mundo dos videoxogos en xeral e unha valoración das cousas boas e malas que ten
  • Narres o teu primeiro achegamento a un videoxogo e a túa relación actual con este mundo, que xogo te gustou máis ou mesmo o que máis tempo te tivo enganchado.
  • ¿Que ten que ter un xogo para que te guste? ¿Cal sería o videoxogo perfecto?
  • Completa o traballo cunha reflexión sobre o papel dos videoxogos na sociedade actual e cara onde crees tí que se dirixen, tanto dende o punto de vista do entretemento coma dos postos de traballo, empresa ou mesmo motor económico.
Publica o traballo no teu Blog  baixo o mesmo nome que o que ten esta entrada

viernes, 18 de noviembre de 2011

Outro Xogo da Semana: Cargo Bridge

Como parecer ser que sodes demasiado torpes para xogar ó Magic Pen, déixovos outro interesante xogo de pensamento econstrucción.

Tendes que construír unha ponte que permita o traslado de mercadorías, ollo de ida e volta.

Ó principio parece confuso, pero tendes que escoller as opcións na banda superior da pantalla, entrar en deseño de pontes (en inglés) e crear os tramos que necesitedes, coidando que a estructura sexa estable.

O Xogo da Semana: Magic Pen

Neste xogo tendes que manexar unhas ceras máxicas coas que debuxar formas, pontes, etc... coas que empurrar o bola pequena de cara a bandeira.

Usa a tecla A para borrar coma se fose unha goma.

Usa a tecla S para facer un punto de unión entre pezas.

Usa a tecla D para facer un punto de articulación entre pezas.

A ver se chegades lonxe. E sobre todo, usade a cabeza.



Faí os teus propios xogos con...

En proceso de recreación

martes, 15 de noviembre de 2011

Organiza as túas citas con DOODLE

Seguro que algunha vez intentaches organizar unha cita para quedar cos teus amigos, ou para escoller a data dun exame e ben sabes que canta máis xente participe no proceso de decisión dunha data concreta, máis complicado é contentar a todos.
Doodle nace coa intención de facer máis doada a elección de datas entre grupos de personas.
 A aplicación funciona online e require que todos os usuarios poidan acceder a internet nun momento dado.
É gratuíta e non é necesario o rexistro, ainda que facelo pode aumentar a experiencia de usuario, especialmente aplicado a empresas.

Ainda que está en inglés, pouco a pouco van traducindo partes do proceso, que de tódolos xeitos é moi doado e intuitivo.

Se queremos programar unha cita cos nosos amigos ou compañeiros (para unha cena., un exame, unha viaxe, un partido,... o que sexa) o que deberemos facer é o seguinte.

  1. Entramos na páxina de DOODLE e pulsamos en PLANIFIQUE UN EVENTO e cubrimos os datos máis importantes, como Título, Lugar, Descripción, o nome do creador da proposta e o enderezo de correo eletrónico.
  2. Escollemos diferentes datas como candidatas para o evento, podendo ser que escollamos só o día, o día e a hora, diferentes horas nun mesmo día, diferentes horas e diferentes días... as combinacións que queirades. (Hai unha vista de calendario semanal e unha vista de calendario mensual) Escollemos as datas pulsando nos días e quedarán en verde. Ó darlle a Siguiente escollemos as horas. (Hai que poñer as datas co horario de 24 h, onde as tres da tarde son as 15 h). Finalmente dámoslle a Siguiente.
  3. O programa proponnos diferentes xeitos de mandar a cita. Nós escolleremos a primeira opción, copiando un enlace que lle mandaremos ós interesados, ben a través do email como a través da nosa rede social favorita, ou mesmo por sms. Para iso pulsaremos Acabar. Recibiremos no nosos correo unha copia do feito, e aparecerá un enlace ben no correo como na páxina de Doodle que será o que compartamos cos nosos amigos.
  4. Unha vez dentro dese enlace, cada persoa poñerá o seu nome e escollerá as datas propostas. Se hai moitas opcións un pode escoller Si, Se non queda máis remedio e Non. O programa irá amosando as opcións máis populares entre todos os participantes.

Aquí tendes unha presentación feita por Sergio Saavedra que fala do tema

O Xogo da Semana: Wake up the Box!

Entregada a presentación de temática social que tiñamos programada para hoxe, e despois de despertar as nosas conciencias é o momento de... ¡Despertar á caixa!

Un xogo de físicas no que deberás manipular o entorno, colocando elementos nese espacio, de xeito que despertes ás durmidas caixas.

Os obxectos obedecerán ás leis físicas, como gravidade, fricción, etc...



¡E de regalo, Wake Up the Box II!

miércoles, 9 de noviembre de 2011

pracTICa 03: Crear unha presentación.

Despois de ter visto o documental "Comprar, Tirar, Comprar", que trata o tema da "Obsolescencia Programada", seguro que tendes algunha opinión formada sobre o consumismo despiadado destes tempos, a explotación do terceiro mundo e a consideración que teñen as empresas e os gobernos de cara ós consumidores.



O noso modelo de sociedade de consumo actual probou ser un sistema insostenible e que atenta contra a dignidade das persoas, provoca desigualdade e guerras e destrúe o medio ambiente. Cos avances tecnolóxicos ven da man un capitalismo extremo que deseña productos feitos para non durar xa de fábrica e crea necesidades nos consumidores que perseguen a felicidade nas compras de artículos que non necesitan realmente.

Imos a aproveitar este tema para facer un traballo que explote as posibilidades de Google Docs.

Neste caso trátase de facer unha presentación dentro de Google Docs, dunhas dez diapositivas como mínimo (sen incluir a portada ou os créditos), para despois publicala no voso Blog.

Os temas propostos para a presentación, dos que tes que escoller un (ou máis se queres), son:
  • O Coltan.
  • A Obsolescencia Programada.
  • A Sociedade de Consumo.
  • .Os Diamantes de Sangue
  • O Tratamento dos Residuos.
  • Industria e Medio Ambiente.
  • Desenvolvemento Sostible (desarrollo sostenible).
  • O uso de países do terceiro mundo como vertedoiros.
Para iso primeiro deberás de documentarte (hai que citar as páxinas web que teñas lido para facer o traballo ó final de todo, nun apartado chamado bibliografía ou cibergrafía ), e redactar unha serie de textos que vaian acompañados de fotografías ou vídeos. Lémbrovos que redactar significa escribir vós mesmos, non copiar e pegar o que di outra persoa. Preferentemente farase en galego.

Valorarase o correcto uso da linguaxe, a propiedade dos textos redactados e a calidade final e crítica social da presentación.

martes, 8 de noviembre de 2011

Xogo da Semana: Sugar, Sugar

Despois de ter visto o documental, imos a tomarnos unha pequena pausa botando unha partidiña, pero como isto é un Instituto e non unha sala de xogos imos a divertirnos cun xogo que nos axude a desenvolver a compresión das leis físicas, a paciencia e a destreza mental.

Nesta ocasión presentamos SUGAR, SUGAR, un xogo baseado no uso de física de dinámicas e de partículas no que poderemos debuxar co rato unha serie de liñas sobre as que resbalarán centos de grans de azucar que caen da punta da coma que separa al letras "Sugar, sugar" (azucar).

A nosa misión será levar os grans de azucar ata as tazas, que se irán enchendo a medida que diminúa o seu número (a relación de grans que absorbeu). Tamén poderemos colorealos facendoos atravesar unhas barreiras de enerxía.

Este xogo require certa paciencia e habilidade de planificación.

Adiante. ¿Queres unha taza de azucar?