martes, 15 de noviembre de 2011

Organiza as túas citas con DOODLE

Seguro que algunha vez intentaches organizar unha cita para quedar cos teus amigos, ou para escoller a data dun exame e ben sabes que canta máis xente participe no proceso de decisión dunha data concreta, máis complicado é contentar a todos.
Doodle nace coa intención de facer máis doada a elección de datas entre grupos de personas.
 A aplicación funciona online e require que todos os usuarios poidan acceder a internet nun momento dado.
É gratuíta e non é necesario o rexistro, ainda que facelo pode aumentar a experiencia de usuario, especialmente aplicado a empresas.

Ainda que está en inglés, pouco a pouco van traducindo partes do proceso, que de tódolos xeitos é moi doado e intuitivo.

Se queremos programar unha cita cos nosos amigos ou compañeiros (para unha cena., un exame, unha viaxe, un partido,... o que sexa) o que deberemos facer é o seguinte.

  1. Entramos na páxina de DOODLE e pulsamos en PLANIFIQUE UN EVENTO e cubrimos os datos máis importantes, como Título, Lugar, Descripción, o nome do creador da proposta e o enderezo de correo eletrónico.
  2. Escollemos diferentes datas como candidatas para o evento, podendo ser que escollamos só o día, o día e a hora, diferentes horas nun mesmo día, diferentes horas e diferentes días... as combinacións que queirades. (Hai unha vista de calendario semanal e unha vista de calendario mensual) Escollemos as datas pulsando nos días e quedarán en verde. Ó darlle a Siguiente escollemos as horas. (Hai que poñer as datas co horario de 24 h, onde as tres da tarde son as 15 h). Finalmente dámoslle a Siguiente.
  3. O programa proponnos diferentes xeitos de mandar a cita. Nós escolleremos a primeira opción, copiando un enlace que lle mandaremos ós interesados, ben a través do email como a través da nosa rede social favorita, ou mesmo por sms. Para iso pulsaremos Acabar. Recibiremos no nosos correo unha copia do feito, e aparecerá un enlace ben no correo como na páxina de Doodle que será o que compartamos cos nosos amigos.
  4. Unha vez dentro dese enlace, cada persoa poñerá o seu nome e escollerá as datas propostas. Se hai moitas opcións un pode escoller Si, Se non queda máis remedio e Non. O programa irá amosando as opcións máis populares entre todos os participantes.

Aquí tendes unha presentación feita por Sergio Saavedra que fala do tema

No hay comentarios:

Publicar un comentario