jueves, 7 de junio de 2012

pracTICa 11 e última: AUDACITY

Unha vez vistos os rudimentos para usar o Audacity haberá que realizar as seguintes actividades ou exercicios, de xeito individual.

Entre todas estas has de escoller as dúas que máis te chamen a atención ou te gusten, sendo a primeira obrigatoria para tod@s. (É dicir, hai que facer a 1 e dúas máis a escoller).

1.- Creación dunha narración mesturando voz humana e efectos sonoros e/ou música. Pódese crear un conto infantil, un poema, una narración similar a unha radionovela, una lección de clase, etc... a imaxinación marca o límite. A duración do traballo non debería ser inferior a un minuto.

O texto interpretado pola voz human non ten que ser orixinal e pode ser unha adaptación. Nese caso deberedes citar ó autor.

Recoméndase facer en galego sempre que se poida, aínda que non é obrigatorio.

___________________________ e aparte...________________________


2.- Simulación de programa radiofónico de música. Consiste en coller un audio musical (ou un fragmento) e facer unha introdución narrada simultánea co audio, facendo que o volume da música baixe mentres o presentador fala, e viceversa. A duración aproximada será a dunha canción.

3.- Recreación dun son. Usando as diferentes ferramentas e efectos do Audacity colleremos un son concreto e o transformaremos noutra cousa completamente diferente. Presentarase o antes e o despois.

4.- Creación dun ambiente sonoro. Usando diferentes sons crearemos un ambiente sonoro concreto. Por exemplo, un día de praia, unha noite de verán, o barullo dun patio de recreo,... o que queiramos. Teranse que presentar ademais do resultado final os diferentes sons usados para facer a mestura.


Lembra ir guardando os teus traballos na túa conta de BOX ou ben nun dispositivo externo de almacenamento.

Bancos de Recursos: Sons

Os Bancos de recursos son lugares onde existen arquivados e clasificados determinados tipos de ficheiros.

Neste caso os enlaces seguintes vannos levar a Bancos de recursos especializados en arquivos de son e música, estupendos para utilizar nas nosas producións dado que son de dominio libre, isto é, que se poden usar de balde.

Banco de Recursos do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), repleto de imaxes, vectores, sons, vídeos,...

Soungle. Unha extensa colección de sons de todo tipo. É interesante facer as búsquedas en español, pero tamén en inglés, porque é un banco de recursos internacional.

Sonidos Gratis. Portal sudamericano con sons gratuítos. Non é moi extenso e incorpora publicidade, pero é unha mostra máis do que podedes atopar na rede sen demasiado esforzo.

Música

En numerosas ocasión vémonos na necesidade de engadir música ós nosos traballos ou producións, e a tentación de empregar melodías de actualidade ou dos nosos grupos favoritos é moi alta, pois ó fin e o cabo, é a música que nos gusta.

Nambergantes, dita música está practicamente sempre suxeita a unha serie de dereitos que protexen a propiedade intelectual, o que nos obrigaría a pagar unha serie de costas ou royalties, ou mesmo a ser denunciados, se difundimos a nosa creación.

Iso sucede porque os artistas están protexidos por unha serie de entidades de xestión dos dereitos de autor, como a arquicoñecida SGAE, que se encargan de rastrear os eventos provistos de música para asegurarse de que pagan as taxas correspondentes.

A mellor solución para evitar estas cousas é utilizar música libre de dereitos de reprodución. No mundo hai milleiros de músicos, a veces de gran talento, que non están vinculados a discográficas ou simplemente teñen o interese de distribuír a súa música libremente e cobrar polas actuacións en directo.

As licencias que cobren estas músicas van dende cobros realmente simbólicos a acordos copyleft ou creative commons.

Vale moito a pena bucear un pouco en busca de temas musicais que non teñen nada que envidiar ós que xa coñecemos. e de paso nos culturizarmos musicalmente un pouco máis.

Algunhas direccións populares dende onde comezar a buscar son as seguintes.

JAMENDO
A páxina en castelán máis popular. Trátase dun portal especializado en música onde os artistas, moitos deles de grande talento pero sen o apoio dunha discográfica, presentan e comparten os seus traballos.

FREE PLAY MUSIC Ten artistas e tamén efectos de son.

ROYALTY FREE MUSIC Aquí os músicos regalan mostras de pouca calidade e cobran prezos simbólicos (para unha produtora, claro) por usar os seus temas.

Edición de Son III. Software de Edición de Audio.

Software para Edición de Audio

CDEX

CDex
CDex é unha aplicación de software libre orientada ao ripeo e conversión de audio. Permite realizar toda clase de tarefas relacionadas co son dixital, aínda que está centrado principalmente na extracción de pistas e conversión de arquivos de audio a formato comprimido. Con CDex é moi sinxelo converter a túa colección de CDs nunha colección de arquivos mp3/ogg. Na maioría dos casos pódese, ademais, descargar os títulos das cancións, artista e outros datos do CD a converter.
Pódense extraer as cancións de forma individual ou de todo o disco, incluso unha parte dunha canción indicando o tempo inicial e o final. Os formatos obtidos son wav e mp3 e é realmente unha boa ferramenta para facer un respaldo das cancións que tés nun CD e que queiras ter en mp3 para gañar unha maior potabilidade. Ademais, está compilado con soporte para a maioría dos codificadores e dispoñible, tamén, para Sistemas Linux (LCDex); aínda que o orixinal está en inglés, é posible traducilo a múltiples idiomas.

AUDACITY

Audacity
Audacity é un fantástico editor multiplataforma (Windows, GNU/Linux e Mac) libre e de código aberto destinado á edición e tratamento do son. Multipista, permite gravar sons, converter cintas e gravacións a son dixital ou CD, editar arquivos OGG, MP3 e WAV, cortar, pegar, ensamblar e mesturar sons, cambiar a velocidade ou o ton dunha gravación, axustar os volumes, gravación temporizada, mesturar pistas, etc. Ademais, inclúe un amplo abano de efectos, algúns deles de gran complexidade, como eliminación de ruídos ou análise de frecuencias.

VLC

VLC
VLC media player (inicialmente VideoLAN Client) é un reprodutor multimedia do proxecto VideoLAN; é un software libre distribuído baixo a licencia GPL. Soporta moitos códecs de audio e vídeo, así como diferentes tipos de arquivos, os formatos de DVD, VCD e varios protocolos streaming. É un dos reprodutores máis independentes, en canto a plataforma se refire, con versións para Linux, Microsoft Windows, Mac OS X, BeOS, BSD, Pocket PC, Solaris. Existe unha versión portátil de VLC media player que pode ser transportada e usada directamente desde unha memoria USB sen necesidade de instalarse no computador.

Edición de Son II: Formatos Dixitais de Audio

Formatos Dixitais de Audio.

Formato WAV

O formato WAV, (Waveform Audio Format) é un formato de arquivo orixinario de Microsoft Windows 3.1 e ten normalmente a extensión ".wav". É o formato para almacenar sons máis utilizado polos usuarios de Windows; o flexible deste formato faino moi usado para o tratamento do son pois pode ser gravado en distintas calidades e tamaños, con frecuencias que van desde os 11025 aos 44100 KHz. Aínda que os arquivos Wav poden ter un excelente son comparable ao do CD (16 bytes e 44,1 Khz. estéreo) o tamaño necesario para esa calidade é demasiado grande (especialmente para os usuarios de Internet). Unha canción almacenada en Wav pode ocupar facilmente entre 20 e 30 Mb. A opción máis pequena é gravar a 4 bits e a freciuencia o máis baixa posible. O problema desta opción é a baixa calidade do son obtido, os ruídos, a estática, incluso cortes no son. Por esta razón case sempre se usa para mostras de son. A súa ventaxe é a súa compatibilidade para convertirse en outros formatos.

Formato MP3

MP3, tamén coñecido por MPEG-1 Audio Layer 3, é un formato de compresión de audio desenrolado polo Moving Picture Expert Group, (deseñadores e programadores de normas de compresión de audio e video) traballando baixo a dirección de International Standards organizatión (ISO). Os arquivos así comprimidos identifícanse coa extensión ".mp3". A calidade de son do MP3 e o seu pequeno tamaño fixérono moi popular en Internet.
Ao usar o formato MP3 pódese reducir a pista dun CD a un factor de 12 a 1, (1 minuto de calidad CD en formato MP3 equivale a 1MB aprox.). O uso máis corrente que se dá a estes formatos é o de almacenamento de música polo que primeiro se debe gravar o CD no disco duro do computador para logo pasalo ao formato MP3; para isto cómpre ter un Ripeers que pase desde formato CDA (CD) a Wav, (existen algúns CD que non aceptan ripeado), e logo debe terse un encoder, programas que pasa de formato Wav a MP3. Hai que ter en conta a calidade que se desexa: a maior tamaño de arquivo, maior calidade. Esto especifícase elixindo os Kbps (512, 256, 128, 64, 32, 20, 16), os Khz (48000, 44100, 32000, 24000, 22050, 16000, 11025, 8000) e se é estéreo ou mono e como é a calidade do Wav que se está traballando. A desavantaxe do mp3 é que ten patente, o que impide á comunidade seguir mellorándoo e incluso podería obrigar a pagar pola utilización de algún códec.

Formato OGG Vorbis

Ogg é un formato de arquivo contedor multimedia, desenrolado pola Fundación Xiph.org. O formato é libre de patentes e abierto ao igual que toda a tecnoloxía de Xiph.org, deseñado para dar un alto grado de eficiencia no "streaming" e a compresión de arquivos. Os arquivos rematan na extensión ".ogg".
Como coa maioría de formatos contedores, Ogg encapsula datos comprimidos. O nome "Ogg" refírese polo tanto ao formato de arquivo que inclúe un número de códecs separados e independientes de vídeo e/ou audio, ambos desenrolados en código aberto. Vorbis é un códec de audio libre de compresión con perda. Forma parte do proxecto Ogg e entón é chamado Ogg Vorbis e tamén só ogg por ser o códec máis comunmente atopado no contedor Ogg.
Iniciativa Play OGG:
Iniciativa Play OGG

Formato WMA

Windows Media Audio o WMA é un formato de compresión de audio con perda, aínda que recentemente desenrolouse de compresión sen perda, é propiedade de Microsoft.
Compite co MP3, antigo e bastante inferior tecnicamente; e Ogg-Vorbis, superior e libre, usando como estratexia comercial a inclusión de soporte no reproductor Windows Media Player, incluído no seu popular sistema operativo Windows.
Aínda que o soporte deste formato se ampliou desde Windows Media Player e agora se encontra disponible en varias aplicacións e reproductores portátiles, o MP3 continúa sendo o formato máis popular e por isto máis extendido.

Outros Formatos

Existen moitos outros formatos de compresión de audio, como AC3, FLAC ou RealAudio.

Programa Conversor de Formatos:

  • Switch: Conversor gratuito de arquivos de audio (Ogg, Mp3, Wma, etc.)

Edición de Son I: Fundamentos da Edición de Son.

Natureza do Son

Para comprender as características do son dixital, primeiro farase unha pequena introdución das características do son e os seus conceptos máis básicos.
O son consiste en vibracións das partículas de aire que se propagan ata chegar aos nosos oídos. A audición nos seres humanos dase cando unha vibración ten unha frecuencia comprendida entre os 15 e 20.000 hertzios, e cando a súa intensidade sexa a suficiente para chegar ao oído interno. Cando as vibracións saen destas marxes fálase de ultrasons e non son perceptibles ao ser humano.
As características do son pódense medir: en unidades de hertzios (Hz) determínase a frecuencia dun son (cantas veces vibra nun segundo), e en decibelio (Db) cuantifícase a intensidade (amplitude) dunha onda.
O oído e un micrófono incorporado á tarxeta de son teñen un funcionamento similar. Ambos transforman as vibracións do aire nun sinal eléctrico que pode ser comprendido e almacenado polos seus respectivos cerebros. Este sinal pode ser gardado, manipulado ou reproducido polos medios electrónicos axeitados.

Mostra de sons con distinta frecuencia.

Son Dixital

Os sistemas de audio dixital dispoñen de circuítos eléctricos que permiten rexistrar a música. Estes circuítos almacenan unha longa cadea de números (dixitalización ou mostreo) cun dispositivo chamado conversor analóxico- dixital (ADC), que se encarga de monitorear a evolución da onda e asignarlle a cada momento un valor numérico; finalmente, ese valor numérico é decodificado por un conversor chamado dixital-analóxico (DAC).
A calidade do son depende da frecuencia do mostreo e da resolución.
Frecuencias de mostreo ou de sampleo, reférense ao numero de medicións que se fan por segundo. Canto maior sexa o número de mostras mellor é a calidade do son. Por exemplo: se a velocidade de mostreo é de unha cada segundo as variacións do son que se produzan no intermedio non serán rexistradas. Ao baixar moito a frecuencia de mostreo o son vólvese opaco ou pouco nítido pois pérdense as frecuencias agudas.
Según estudos, a frecuencia de mostreo debe ser o dobre do son máis alto que se poida escoitar; dado que o oído humano pode escoitar aproximadamente ata os 20.000 Hertzios, a frecuencia óptima de mostreo será de 44,1 Khz. (44.100 hertzios): esta é a frecuencia que se usa nos CD de música. Como os instrumentos ou as voces humanas non pasan a frecuencia dos 10 Khz., cuhna frecuencia de mostreo de 32 Khz. é máis que suficiente.
A resolución fai referencia á exactitude das medidas de frecuencia. Mídese en bits. Se a resolución é de 8 bits, temos 256 niveles posibles (2^8=256). Se se amplía a 16 bit o rango exténdese a 65535 (2^16=65536). Como referencia pódese dicir que un disco compacto grávase a 44,1 Khz. e a unha resolución de 16 bits.
Se se desexa dixitalizar 3 minutos de música a un mostreo de 44,1 Khz. e almacenando por cada mostra dous bytes (16 bits) obtense o seguinte:
3min x 60 seg/min
x 44100 mostras/seg
x 2 bytes/muestra
---------------------------
15.876.000 bytes
O cálculo indícanos que para almacenar unha canción de tres minutos con calidade profesional necesitaranse 16 MB aproximadamente. É aquí onde xorde o problema, pois aínda que os discos duros ou outros medios de almacenamento creceron moito, ter varias cancións significaría ocupar gran parte do disco do computador. Para solucionar este problema desenroláronse formatos de arquivo que permiten realizar gravacións de son con moi boa calidade usando un método de compresión.

Glosario

Frecuencia
Indica o número de repeticións dun fenómeno por unidade de tempo.
Resolución
Indica o número de bits con que se vai compoñendo/codificando un sinal.
Bitrate
Ou taxa de bits, indica o número de bits que se transmiten por unidade de tiempo.
Códec
Abreviatura de COmpresor-DECompresor, describe unha especificación ou forma de codificar un sinal.
Streaming
Termo que se refire a ver ou oír un arquivo de vídeo ou audio directamente nunha páxina web sen necesidade de descargalo antes ao ordenador.

viernes, 1 de junio de 2012

Onde atopar imaxes libres de dereitos?


Más índices:
También puedes probar en:

Yotophoto Free photos search engine

martes, 22 de mayo de 2012

O Xogo da Semana: Rolling Home

Rolling Home é un xogo de físicas onde pulsando sobre os obxetos os faremos sensibles ás forzas do rozamento, gravidade, etc.

Recolle as estrelas e fai que o bicho redondo cai en casa.

Creador de páxinas WEB. WIX

WIX é unha ferramenta (semi)gratuíto e online deseñado para facilitar a creación e hospedaxe de páxinas web feitas con tecnoloxía Flash e/ou Html5.

Un pouco coma o blogger, baséase en plantillas que podedes escoller e modificar en infinidade de xeitos.

Como bo producto da web 2.0, trátase de que o usuario proporcione os contidos (textos, imaxes, animacións, etc) e WIX fai a estrutura sen necesidade de saber nada de programación.

viernes, 18 de mayo de 2012

Olloboi Festivas Audiovisual 2012

OLLOBOI é un concurso de traballos audiovisuais aberto a calquera persoa nacida ou residente en Galicia, estudiante ou non.

Podedes presentar obras audiovisuais (curtas, videoclips, documentais, animacións,...) realizadas nos últimos tres anos sempre que non fosen presentadas a edicións anteriores do concurso.

Hai 1200 euros en premios, que se entregarán nunha Grande Gala a celebrar o 22 de Xuño na Casa da Cultura da Cachada de Boiro ás 21 horas.

Contaremos con estrelas invitadas.

Tendes ata o 1 de Xuño para presentar os vosos traballos. Animádevos a participar e sorte!


Máis información en www.olloboi.com

miércoles, 16 de mayo de 2012

O Xogo da Semana: COLLIDER

Ola.
Preséntovos o máis complicado de todos os xogos: Collider.

Nel deberás dispor as esferas negativas e positivas de xeito que ó chocar entre elas se anulen. Ganas o xogo cando non quede ningunha no escenario.

Ás veces o escenario é móbil, con interruptores que accionan mecanismos. Se eres quen de completalo, poderás considerarte un mestre dos xogos flash. (a min costoume un bo cacho a partir do nivel 15)

Sen máis. O grande reto.

martes, 15 de mayo de 2012

pracTICa 10: Traballo con textos no Inkscape

Nesta ocasión teredes que experimentar coas posibilidades do Inkscape á hora de utilizar textos. Teredes que crear CINCO ou máis deseños no que o texto teña a máxima importancia. Os elementos cos que podedes xogar son algúns como: A tipografía,a cor, sombras, reflexións, aspecto do que se representa, textos en traxectos, caligramas, adicións e sustraccións, manipulación de nodos, etc...

miércoles, 9 de mayo de 2012

OLLOBOI: Algo está a pasar por Galiza

O Xogo da Semana: TNT Zombies

A cidade atópase invadida por ZOMBIES maléficos dispostos a paparse o teu cerebro.
Dinamite Man vai a poñer remedio a golpe de cartuchos de TNT.

Úsaos para enviar ós zombies contra os pinchos, os contenedores de ácido radiactivo, ou os terríbles bichos azuis redondos.

TNT ZOMBIE (e non falo de Jordi González)

viernes, 4 de mayo de 2012

O xogo da semana: Cat around the World

Ola amig@s. 

Imos a templar os nervios e afinar o intelecto, pois e a hora de enfrontarse novamente... ¡Ó XOGO DA SEMANA!!!!!!

Nesta ocasión trátase de: 

No xogo asumiremos o papel de Cat o Gato. Este micho ten sempre fame, e a nosa misión será levalo polo mundo adiante largándolle a comida necesaria para que teña forzas para cambiar ó seguinte nivel.

Recolle as estrelas para puntuar máis.

¿Poderás darlle toda a comida que merece?

jueves, 3 de mayo de 2012

Fotos da Manifetsación feita en Riveira o pasado Sábado para loitar polas vidas dos lobos, lubicáns e cans que están a ser cruelmente asasinados na Serra do Barbanza.

miércoles, 2 de mayo de 2012

PracTICa 9: Deseño dun cartel en Inkscape.

Boas.
Unha vez que coñecemos o máis básico do Inkscape, imos a comezar un proxecto real.
Nesta ocasión teremos que realizar un cartel para a "Festa de San Xoán" deste ano.

Primeiro pensaremos o público obxectivo do cartel, e actuaremos en consecuencia, non é o mesmo unha festa orientada á xuventude que unha festa para os xubilados. Tamén hai a posibilidade de facer unha festa para todas as edades, claro.

Tamén hai que poñer a data, en que consistirá a festa (saridñada, toca unha orquestra, etc...), o lugar e todos os datos relevantes.
A idea é facer un cartel que transmita ben a información, que resulte atractivo e que combine imaxes vectoriais e texto.

Podedes usar degradados e todos os efectos que consideredes.

Enviaredes o arquivo SVG por correo electrónico á miña conta de gmail, e publicaredes o cartel en formato PNG no voso Blog nunha entrada co mesmo nome que esta.

Dragón Vectorial Inkscape

Mapa de bits do traballo do Dragón coloreado en Inkscape vectorialmente e exportado a PNG.


miércoles, 25 de abril de 2012

Xogo(s) da semana: Basket Balls Levels Pack y Hungry Bobby Bear

Hoxe temos non un, ¡¡¡DOUS!! xogos da semana. 

No primeiro, Basket Balls Levels Pack, teremos que encestar en todas as canastas e derribar ós árbitros. Usa os mínimos tiros posibles para facer medallas de oro. 


No segundo, teremos que levar as froitas á boca do oso, pero ollo cos picantes. Poderemos facer desaparecer as pezas de madeira para facer caer as froitas.

martes, 10 de abril de 2012

RECURSOS GRATUÍTOS

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

Banco de imaxes. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta.

martes, 20 de marzo de 2012

¡¡Andywarholizate con Gimp!!

Supoño que todos coñeceredes ó famoso Andy Warhol, gurú do Pop Art americano e ás súas famosas series de rostros ou iconos populares.

Un dos máis sonados podería ser o de Marilyn Monroe, a lata de sopa Campbell ou o Ché Guevara.


Para simular este efecto no Gimp hai moitas formas. Vouvos contar unha delas.

Primeiro teremos que buscar unha imaxe axeitada para utilizar no traballo. Idealmente será unha cara con formato vertical e fondo branco ou claro. Axustamos as dimesións e a forma de ser necesario.

Despois podemos aumentar o lienzo para multiplicar o número de caras, facendo copias en capas independientes en cara cara.

Logo teremos que darlle o efecto Popero, por exemplo desaturando primeiro (Colores-Desaturar)e logo usando a colorización (Colores-Colerear) aplicando un tono diferente a cada un dos rostros. Escolle principalmente cores primarias como poden ser o Vermello, Amarelo, Verde, Cian, Azul, Maxenta...


Outra posibilidade é duplicar a capa e xogar cos modos de fusión para atopar outros efectos.



Se queremos, podemos facelo aínda mellor, usando comandos como Umbral (Colores-Umbral) e Curvas (Colores- Curvas), separando a imaxe en diferentes capas e máscaras, podendo aplicar as cores a cada nivel da imaxe de forma independiente. Isto nos permitirá mellorar moito o aspecto final da imaxe, pero require de moito máis tempo.

Lembra combinar as cores complementarias para obter efectos máis vibrantes.

viernes, 2 de marzo de 2012

OLLOBOI 2012- Teaser from Pascual Vidal on Vimeo.




O grupo Marearte convoca o IV Concurso Audiovisual Galego “OlloBoi” que se rexerá polas seguintes…

BASES

  1. Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas nacidas ou residentes en Galicia, do eido educativo ou fóra do mesmo. Os participantes menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor legal.
  2. Aceptaranse traballos de vídeo-creación (curtametraxes, vídeo-denuncias, documentais…) de duración preferentemente non superior ós 10 minutos, que deberán estar aloxados nun servidor web: Vimeo, Youtube, DailyMotion
  3. A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso ou referencia ó idioma e á cultura galega, a responsabilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos animais. O xurado terá en conta que a autoría do traballo sexa non profesional.
  4. Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos sempre que non se presentaran en edicións anteriores do concurso.
  5. Os participantes consinten na divulgación dos seus traballos na rede, sempre co recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos.

PARTICIPACIÓN: Vías e prazos

  1. Os traballos deberán pendurarse nun portal web antes do venres 25 de maio, incluído, indicando no formulario de inscrición (dispoñible na páxina de Olloboi) a dirección (URL) onde están albergados.

FALLO DO TRIBUNAL e PREMIOS

  1. Rematado o prazo de entrega os traballos de todos os participantes estarán enlazados no sitio web olloboi.com dende onde se poderá acceder a un formulario para votar online ata o xoves 7 de xuño.
  2. Establécense tres categorías con cadanseu premio, a contía dos cales se determinará en función das colaboracións e patrocinio acadados:
    1. Premio OlloBoi ó mellor traballo
    2. Premio OlloBoi Escolar ó mellor traballo realizado por alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato
    3. Premio OlloBoi do Público, de acordo cos votos recollidos online
  3. Non se descarta a inclusión de novas categorías de premios en función dos posibles patrocinios conseguidos.
  4. A Organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou varias das categorías.
  5. A data e lugar de entrega de premios será na Gala OlloBoi 2012 que terá lugar o venres 15 de xuño na Casa da Cultura de Boiro.

miércoles, 29 de febrero de 2012

PracTICa 8: Clons, Dragan e Lightpainting

CLONS










Clons: Colle e combina as tres fotos nunha soa.

Consellos para facer as fotos de cara a clonarse:

- Usa un trípode para que todas as fotos teñan o fondo idéntico. Se non tes, podes usar unha mesa, unha parede, o teito dun coche ou o que sexa. O importante é que a cámara non se mova. Tamén pode ser recomndable usar o disparador con temporizador para non mover a cámara ó pulsar o disparador.
- Se podes, usa o enfoque manual para que a cámara non cambie por sí mesma os parámetros de enfoque, variando así dunha foto a outra.
- De feito, axusta todo o que poidas manualmente, Balance de Brancos, Axuste de exposición... e sobre todo, non uses o flash.

No GIMP:

Mediante máscaras de capa e usando o pincel negro e branco, vai amosando e ocultando partes das capas ata facer que todas as persoas aparezan na foto final. Podes xogar coa opacidade para ubicar ós suxeitos da foto.

Combina as capas usando "combinar cara abaixo". Exporta, e listo!

Resultado:


___________________________________________________________________________________


FILTRO DE PASO ALTO


Imos a facer a simulación do filtro de paso alto en Gimp.
Este filtro pode atoparse tamén na forma de plug-in o scripts para instalar no propio ordenador.
Poder probar con ESTOS se queres, que fan uso do motor de scripts do Gimp, chamado graciosamente Script-Fu, facendo parodia do arte marcial.

Por suposto, esos plug-ins ou scripts necesitan ser copiados á carpeta de scripts do Gimp, cousa que non podemos facer na clase polo sistema de xestión dos ordenadores, pero sí nas vosas casas quen queira.

Para simular o efecto á man, podedes seguir este tutorial.

Para elo usaremos esta foto:



EFECTO DRAGAN


Andrej Dragan é un fotógrafo especializado en retratos que desenvolveu unha forma moi especial de tratamiento das imaxes que o fixo internacionalmente coñecido e imitado.

O chamado "Efecto Dragan" ou "Draganizado" modifica as fotos para engadirlle un dramatismo e unha intensidade moi especial, como poderedes ver na súa web persoal.

Como bo artista, nunca explicou o séu segredo, pero moita xente desenvolveu métodos cos cales achegarse ós séus resultados.


Imos a ver como simular o seu sistema de traballo usando o Gimp. Para iso é necesario haber dominado a aplicación do filtro de paso alto que vimos na actividade anterior.


PASOS A REALIZAR:

1- Abrimos a imaxe e a duplicamos dúas veces. Ocultamos a capa de abaixo de todo para non modificala (Será a nosa imaxe orixinal)

2- Imos a enfatizar a mirada. Para elo escollemos o modo de fusión "pantalla", e utilizaremos unha máscara de capa para que o efecto só se aplique ós ollos.

 Cando estemos satisfeitos co resultado combinaremos as dúas capas.

3- Duplicamos de novo a capa resultante. E sobre a capa de arriba aplicaremos o efecto de Paso Alto que vimos no exercicio anterior. Pódese facer a man ou ben cun plug-in especializado.

4- A capa co filtro de paso alto ímola combinar coa de abaixo no modo "claridad fuerte". Usaremos unha máscara de capa para aplicar o efecto ás zonas que nós queramos da fotografía.

5- Imos a desaturar a capa de abaixo. Facemola visible e imos a Colores- Desaturar.

6- Combinamos todo e listos. Opcionalmente poderemos crearlle un viñeteado, que se pode facer de varias formas que xa vos explicarei.

Fotos coas que experimentar







____________________________________________________________________________________

LIGHTPAINTING


O Lightpainting, ou "pintura de luz", é unha técnica moi colorista e vistosa que se basea na capacidade de capturar luz durante un certo tempo de determinadas configuracións das nosas cámaras.

As cámaras de fotografía teñen tres parámetros que influén nas condicións de captura da luz, que ó fin e ó cabo é o que son, capturas de luz.
Estos tres parámetros son a apertura do diafragma, que mide canta cantidade de luz entre facendo máis grande ou máis pequeno o burato polo que entra. A Velocidade de Obturación, que tamén é chamado Tempo de Exposición, e como o seu nome indica, refírese á cantidade de tempo que a cámara está recibindo luz para facer a foto. E por último o ISO ou sensibilidade, que mide a capacidade da cámara para facer unha foto con máis ou menos luz.
Todos estos tres parámetros son recíprocos, cando moves un, para que a foto sexa equivalente, has de mover os outros, especialmente no caso da obturación e apertura. Así, se baixo a apertura un punto, é decir, dígolle á cámara que pase menos luz, terei que aumentar o tempo de exposición un punto se quero un resultado equivalente entre as dúas situación. Idealmente a exposición correcta.

No caso do lightpainting o importante é o tempo da exposición (a obturación), a máis tempo, máis elaborados serán as pinturas de luz que poda facer, porque canto máis tempo a cámara permaneza capturando luz, irá recollendo todos os movementos e iluminacións que fagamos diante da cámara con fontes luminosas (fáciles de captar polo sensor).

E.. se non temos unha réflex ou cámara que nos permita os axustes da apertura e obturación á man ¿que fago?

Ben, as cámaras que probablemente teñades serán cámaras compactas, que entre outras características traen os determinados "Modos de Escena", que son configuracións preparadas para optimizar determinado tipo de situacións fotográficas. Os máis habituais son "Retrato", cunha imaxe dun rostro, ideal para favorecer as fotos a persoas, desenfocando o fondo e suavizando a pel, "Paisaxe", con icono dunha montaña, ideal para fotos de espacios abertos con boa nitidez, etc...

Para o Lightpainting o recomendable entre os modos de escena é sobre todo o modo "Fogos artificiais", representado cunha especie de asterisco que equivale a unha explosión pirotécnica.
Este modo o que fai é abrir o obturador entre 1 ou varios segundos, para que gravando fogos de artificio a cámara rexistre as estelas deixadas polas fiúscas.
No noso caso servirá para que capte a estela do lightpainting.

Se non tedes ese modo, podedes probar con modos nocturnos, case sempre representados cunha media luna para o nocturno a secas, e un corpo humano cunha media luna para o retrato nocturno, que neste caso dispara o flash.

Vaian aquí as seguintes recomendacións ou consellos:

 - Usa un trípode o unha superficie estable para evitar trepidacións da cámara ó moverse. Asimesmo, usa o disparador con temporizador se é posible, así poderás saír tí mesmo na foto e ademáis non moverás a cámara ó pulsa o disparador. A falta de trípode, improvisa. Apoia a cámara nunha mesa, no teito dun coche, encima dunha repisa, dun altavoz...

- Canta menos luz haxa no lugar, mellor. Pensa que todo o que se mova durante a foto sairá borroso na mesma. Se queres que unha persoa saia nítida, ou ben usa o flash ou ben fai que non se mova.

- Podes usar luces de chisqueiros, lanternas, pulseras luminosas ou fosforescentes, a pantalla do móbil... usa a túa creatividade.

- Lembra que tamén podes iluminar selectivamente a algo creando efectos especiais e de gran plasticidade.

Siguen algúns exemplos recollidos na rede:


















Este vídeo usa a técnica do Ligtpainting aplicada a un captor de vídeo





Un sinxelo tutorial:





E algúns enlaces de interese:

http://lightpainting.org/
http://www.xatakafoto.com/trucos-y-consejos/light-painting-dibujemos-con-la-luz
http://www.fotografiad.com/light-painting-dibujar-con-la-luz/

viernes, 24 de febrero de 2012

O Xogo da Semana: Porcupyre


Tes que queimar a madeira pinchando nela, de xeito que ardan os animais ó entrar en contacto co lume, pero ollo, non podes queimar ós Ourizos Cachos.
O número de lapas que tes é limitado.

jueves, 9 de febrero de 2012

pracTICa 7: Tilt&Shift, Cartel de "Búscase", Retrato con fondo clon desenfocado.

Subir fotos feitas simulando o uso dunha lente descentrable (tilt and shift) mediante o programa Gimp, e tamén outra foto procesada a través do simulador que nos ofrece a páxina tiltshiftmaker .




Tamén subiremos a foto dun retrato de persoa simulando un cartel dos vellos "Búscase" (Wanted) usando diferentes modos de fusión de capas coa imaxe e o texto. Como no exemplo:

Por último, colleremos un retrato fotográfico e duplicando a imaxe, escalamos e desenfocamos o fondo, integrando as dúas capas cunha máscara, de xeito que quede similar á foto do exemplo.

 

jueves, 12 de enero de 2012

O Xogo da Semana: Gluey

Neste xogo teremos que eliminar ós bichocos xuntando os do mesmo color e pinchando neles. Complicarase pouco a pouco.

GLUEY