viernes, 2 de marzo de 2012

OLLOBOI 2012- Teaser from Pascual Vidal on Vimeo.




O grupo Marearte convoca o IV Concurso Audiovisual Galego “OlloBoi” que se rexerá polas seguintes…

BASES

  1. Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas nacidas ou residentes en Galicia, do eido educativo ou fóra do mesmo. Os participantes menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor legal.
  2. Aceptaranse traballos de vídeo-creación (curtametraxes, vídeo-denuncias, documentais…) de duración preferentemente non superior ós 10 minutos, que deberán estar aloxados nun servidor web: Vimeo, Youtube, DailyMotion
  3. A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso ou referencia ó idioma e á cultura galega, a responsabilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos animais. O xurado terá en conta que a autoría do traballo sexa non profesional.
  4. Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos sempre que non se presentaran en edicións anteriores do concurso.
  5. Os participantes consinten na divulgación dos seus traballos na rede, sempre co recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos.

PARTICIPACIÓN: Vías e prazos

  1. Os traballos deberán pendurarse nun portal web antes do venres 25 de maio, incluído, indicando no formulario de inscrición (dispoñible na páxina de Olloboi) a dirección (URL) onde están albergados.

FALLO DO TRIBUNAL e PREMIOS

  1. Rematado o prazo de entrega os traballos de todos os participantes estarán enlazados no sitio web olloboi.com dende onde se poderá acceder a un formulario para votar online ata o xoves 7 de xuño.
  2. Establécense tres categorías con cadanseu premio, a contía dos cales se determinará en función das colaboracións e patrocinio acadados:
    1. Premio OlloBoi ó mellor traballo
    2. Premio OlloBoi Escolar ó mellor traballo realizado por alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato
    3. Premio OlloBoi do Público, de acordo cos votos recollidos online
  3. Non se descarta a inclusión de novas categorías de premios en función dos posibles patrocinios conseguidos.
  4. A Organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou varias das categorías.
  5. A data e lugar de entrega de premios será na Gala OlloBoi 2012 que terá lugar o venres 15 de xuño na Casa da Cultura de Boiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario