Supoño que todos coñeceredes ó famoso Andy Warhol, gurú do Pop Art americano e ás súas famosas series de rostros ou iconos populares.
Un dos máis sonados podería ser o de Marilyn Monroe, a lata de sopa Campbell ou o Ché Guevara.
Para simular este efecto no Gimp hai moitas formas. Vouvos contar unha delas.
Primeiro teremos que buscar unha imaxe axeitada para utilizar no traballo. Idealmente será unha cara con formato vertical e fondo branco ou claro. Axustamos as dimesións e a forma de ser necesario.
Despois podemos aumentar o lienzo para multiplicar o número de caras, facendo copias en capas independientes en cara cara.
Logo teremos que darlle o efecto Popero, por exemplo desaturando primeiro (Colores-Desaturar)e logo usando a colorización (Colores-Colerear) aplicando un tono diferente a cada un dos rostros. Escolle principalmente cores primarias como poden ser o Vermello, Amarelo, Verde, Cian, Azul, Maxenta...
Outra posibilidade é duplicar a capa e xogar cos modos de fusión para atopar outros efectos.
Se queremos, podemos facelo aínda mellor, usando comandos como Umbral (Colores-Umbral) e Curvas (Colores- Curvas), separando a imaxe en diferentes capas e máscaras, podendo aplicar as cores a cada nivel da imaxe de forma independiente. Isto nos permitirá mellorar moito o aspecto final da imaxe, pero require de moito máis tempo.
Lembra combinar as cores complementarias para obter efectos máis vibrantes.
martes, 20 de marzo de 2012
viernes, 2 de marzo de 2012
OLLOBOI 2012- Teaser from Pascual Vidal on Vimeo.
BASES
- Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas nacidas ou residentes en Galicia, do eido educativo ou fóra do mesmo. Os participantes menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor legal.
- Aceptaranse traballos de vídeo-creación (curtametraxes, vídeo-denuncias, documentais…) de duración preferentemente non superior ós 10 minutos, que deberán estar aloxados nun servidor web: Vimeo, Youtube, DailyMotion…
- A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso ou referencia ó idioma e á cultura galega, a responsabilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos animais. O xurado terá en conta que a autoría do traballo sexa non profesional.
- Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos sempre que non se presentaran en edicións anteriores do concurso.
- Os participantes consinten na divulgación dos seus traballos na rede, sempre co recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos.
PARTICIPACIÓN: Vías e prazos
- Os traballos deberán pendurarse nun portal web antes do venres 25 de maio, incluído, indicando no formulario de inscrición (dispoñible na páxina de Olloboi) a dirección (URL) onde están albergados.
FALLO DO TRIBUNAL e PREMIOS
- Rematado o prazo de entrega os traballos de todos os participantes estarán enlazados no sitio web olloboi.com dende onde se poderá acceder a un formulario para votar online ata o xoves 7 de xuño.
- Establécense tres categorías con cadanseu premio, a contía dos cales se determinará en función das colaboracións e patrocinio acadados:
- Premio OlloBoi ó mellor traballo
- Premio OlloBoi Escolar ó mellor traballo realizado por alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato
- Premio OlloBoi do Público, de acordo cos votos recollidos online
- Non se descarta a inclusión de novas categorías de premios en función dos posibles patrocinios conseguidos.
- A Organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou varias das categorías.
- A data e lugar de entrega de premios será na Gala OlloBoi 2012 que terá lugar o venres 15 de xuño na Casa da Cultura de Boiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)