Despois de ter visto o documental "
Comprar, Tirar, Comprar", que trata o tema da "
Obsolescencia Programada", seguro que tendes algunha opinión formada sobre o
consumismo despiadado destes tempos, a
explotación do terceiro mundo e a consideración que teñen as empresas e os gobernos de cara ós
consumidores.
O noso modelo de sociedade de consumo actual probou ser un sistema
insostenible e que atenta contra a dignidade das persoas, provoca desigualdade e guerras e destrúe o medio ambiente. Cos avances tecnolóxicos ven da man un capitalismo extremo que deseña
productos feitos para non durar xa de fábrica e
crea necesidades nos consumidores que perseguen a felicidade nas compras de artículos que non necesitan realmente.
Imos a aproveitar este tema para facer un traballo que explote as posibilidades de Google Docs.
Neste caso trátase de facer unha presentación dentro de Google Docs, dunhas dez diapositivas como mínimo (sen incluir a portada ou os créditos), para despois publicala no voso Blog.
Os
temas propostos para a presentación, dos que tes que escoller un (ou máis se queres), son:
- O Coltan.
- A Obsolescencia Programada.
- A Sociedade de Consumo.
- .Os Diamantes de Sangue
- O Tratamento dos Residuos.
- Industria e Medio Ambiente.
- Desenvolvemento Sostible (desarrollo sostenible).
- O uso de países do terceiro mundo como vertedoiros.
Para iso
primeiro deberás de documentarte (hai que
citar as páxinas web que teñas lido para facer o traballo ó final de todo, nun apartado chamado
bibliografía ou cibergrafía ), e
redactar unha serie de textos que vaian acompañados de
fotografías ou
vídeos. Lémbrovos que redactar significa escribir vós mesmos, non copiar e pegar o que di outra persoa. Preferentemente farase en galego.
Valorarase o correcto uso da
linguaxe, a propiedade dos textos redactados e a
calidade final e crítica social da presentación.